O actual alcalde e secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Muxía, Iago Toba Campaña, presentará o vindeiro 22 de abril aos seus “imparables”, a lista de candidatos para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
O acto de presentación terá lugar ás 20:00 horas na Sala da Camposa e intervirán a Deputada e viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo; a Deputada do PSOE no Congreso dos Deputados, Montse García Chavarría, así como o alcalde de Muxía e candidato, Iago Toba.
“Presentamos a un equipo con plena capacidade de traballo. Homes e mulleres humildes, con valores, con honradez e sobre todo persoas con gran corazón e comprometidas porque Muxía teña un futuro e un presente mellor”, destacou Toba tras o anuncio.
O rexedor tamén quixo sinalar que “estou moi orgulloso e contento por contar con este equipo. Véxolles unha ilusión e unhas ganas tremendas por traballar por e para Muxía, tamén estou moi contento pola gran acollida que están a ter e polas boas sensacións e mostras de cariño recibidas durante estes días”.