O actual alcalde e secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Muxía, Iago Toba Campaña, presentará o sábado, 4 de febreiro, a súa candidatura á alcaldía do municipio para as vindeiras eleccións do 28 de maio baixo o lema “contigo somos imparables”.
O acto de presentación terá lugar ás 20:00 horas no Pazo da Virxe da Barca e contará co apoio e as intervencións do secretario Xeral do PSdG-PSOE e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o secretario Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.
“A pesar do duro que foi esta etapa, presento esta candidatura con toda a ilusión, ganas e forza do mundo xa que traballar por Muxía e para os meus veciños e veciñas é algo que vivo con orgullo”, destacou Toba.
Tras o anuncio da candidatura para a reelección tamén quixo lembrar que “o voso cariño e respaldo será o noso combustible. Se con todos os obstáculos e problemas fomos capaces de facer grandes cousas, estade seguros que co voso apoio somos imparables”.