O actual alcalde e secretario Xeral do PSdeG-PSOE de Muxía, Iago Toba Campaña, presentou na tarde deste sábado, e ante un Pazo da Virxe da Barca repleto de veciños, aos seus “imparables”, a lista de candidatos para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio.
No acto acompañaron e amosaron o seu apoio á candidatura de Toba a Deputada e viceportavoz do PSdeG no Parlamento, Begoña Rodríguez Rumbo; a Deputada do PSOE no Congreso dos Deputados e Montserrat García Chavarría.
No evento, Toba destacou que “despois destes duros anos, nos que tivemos que pasar por situacións moi difíciles, sempre mantívenme firme nos meus limites éticos e nos meus principios. Hoxe, comeza aquí unha nova etapa encabezada por un equipo humilde, comprometido e cheo de ilusión”.
“Presentamos a un equipo con plena capacidade de traballo. Homes e mulleres humildes, con valores, con honradez e sobre todo persoas con gran corazón e comprometidas porque Muxía teña un futuro e un presente mellor”, destacou Toba tras o anuncio.
O rexedor tamén quixo sinalar que “esta non é unha candidatura improvisada e sen proxecto como outras, que só teñen o único fin de quitar a este goberno e volver aos malos vicios e a gobernar para só uns poucos”.
“A veciñanza ten que saber que existe un pacto entre os candidatos da oposición para xuntarse e intentar tirar abaixo este goberno, e tamén ten que saber quenes están detrás desta manobra que se está argallando incluso antes de que se celebren as eleccións “engadiu.

Lista:
- Iago Toba
- Olalla Benlloch
- Javier Romar
- Patricia Domínguez
- Felipe Vilela
- Nieves Domínguez
- Nuria Santos
- Maximino Lema
- María del Mar Campos
- Diego Martínez
- Javier Bermúdez
- David Ramos
- Jessica París
- Fran Fidalgo