Iberdrola baralla despedir preto de 1.500 traballadores


Iberdrola estuda despedir preto de 1.500 traballadores en España. A dirección da empresa eléctrica propuxo unha redución do quince por cento dos preto de 9.600 empregados que ten no conxunto do estado, en plena negociación do convenio colectivo.
A corporación que preside Ignacio Sánchez Galán quere facer este axuste de persoal mediante saídas pactadas, polo que recorrería a xubilacións anticipadas, dado que un de cada tres traballadores ten máis de 51 anos. Ademáis pretende tamén eliminar a redución da tarifa para os empregados, que teñen electriciade gratuíta. Pola súa parte, os sindicatos reclaman subas salariais de entre o 1,5 e o 3,7 por cento.