International Airlines Group (IAG) pechou un acordo con Globalia para a adquisición do 80% restante do capital social emitido de Air Europa por 500 millóns de euros, segundo informou a Comisión Nacional do Mercado de valores (CNMV) nun comunicado. Os primeiros 200 millóns de euros pagaranse cando se reciba a aprobación por parte das autoridades de Competencia, 100 millóns de euros en accións ordinarias de IAG1 e 100 millóns de euros en efectivo. O segundo e terceiro ano despois da data de aprobación da operación, abonaranse outros 100 millóns de euros cada un deles. O acordo está suxeito a aprobacións regulatorias e doutro tipo, o que podería levar ao redor de 18 meses. O pasado 16 de agosto de 2022, IAG fixo efectiva a conversión dun préstamo non garantido de 100 millóns de euros a sete anos a Globalia nunha participación do 20% no capital de Air Europa. Finaliza así, á espera de que Bruxelas aprobe a operación, un proceso de compra venda que se iniciou en novembro de 2019.