Foi comunicada a chegada de Matías Vesprini, trátase dun central esquerdo aínda que tamén pode xogar de lateral, (Quilmes, Arxentina | 27/02/2000), procede do C.D. Leganés B, club ao que estivo ligado esta temporada. Nas campañas 20/21 e 21/22 militou nas filas da SD Compostela cedido polo Club Deportivo Lugo , club no que estivo desde a súa etapa cadete e mesmo chegou a ser convocado nas primeiras xornadas (T. 21/22) co primeiro equipo logo de realizar a pretemporada co Lugo de Segunda División.