O Concello de Zas ofrece ideas para desfrutar da Semana Santa

1 minutes read

Rutas de sendeirismo  

Unha boa opción para desfrutar do tempo libre é o sendeirismo; unha actividade coa que facemos exercicio, poñémonos en contacto coa natureza e descubrimos lugares. A ruta da auga, a ruta para descubrir o Brandomil Romano ou a ruta para subir ata o alto do monte O Castelo son algunhas das opcións que podemos escoller estes días. Na seguinte ligazón atoparás máis información de cada unha das ruta e o seu track: http://www.concellodezas.org/turismo/rutas-senderismo/es 

Gastronomía

Tampouco temos por que saír do Concello de Zas para desfrutar da gastronomía galega xa que no municipio temos bares e restaurantes que nos ofrecen menús variados durante todos os días do ano. E se o prefires tamén podes desfrutar dunha comida ao aire libre en calquera dos merendeiros que temos. Podes ver todas estas opcións polo miúdo na seguinte ligazón: http://www.concellodezas.org/turismo/merenderos/es 

Lugares de interese 

As Torres do Allo, a Arca da Piosa, a ponte de Brandomil ou o pozo de Limideiro son algúns dos lugares máis emblemáticos do Concello de Zas. Descúbreos!  Entra no apartado «Qué ver» da seguinte ligazón: http://www.concellodezas.org/turismo/portada-turismo/es 

Coñecer polo miúdo o Concello de Zas

O Concello está formado por 16 parroquias. Se queres coñecelas todas polo miúdo entra na sección de Zas Polo Miúdo.