Identificadas dúas persoas por un lume e un presunto furto no interior da sala A Revolta

Pasados uns minutos das 11 da mañá deste martes un particular daba a voz de alarma, dado que do interior da antiga sala A Revolta en Carballo saía abundante fume por un lateral. Ao momento desprazouse unha dotación de bombeiros do parque comarcal de Bértoa así como unha patrulla da Policía Local. Unha vez no lugar, determinouse que o lume e o fume presuntamente puidese orixinarse por persoas, ata ese momento descoñecidas, ao manipular un soplete que había no interior do edificio. Antes de que os bombeiros abandonasen o lugar, xa coa situación controlada, acudiron ao lugar dous homes reclamando a titularidade do soplete, e que a Policía Local identificou como presuntos autores da intrusión e de un posible intento de furto no establecemento. Cabe destacar que as instalacións levan anos abandonadas, sendo un foco contínuo de incidencias para os corpos de seguridade, dado que cada pouco tempo prodúcense alertas tanto na sua parte interior como na exterior e un almacén anexo, sobre todo derivadas de conatos de lume e intentos de roubo de chatarra, a anterior a esta o pasado día 1.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha