18
A Policía Local da Coruña logrou identificar o condutor do vehículo que se deu á fuga tras atropelar a unha persoa na Rolda de Outeiro. Tras o visionado das cámaras da zona comezaron as pescudas que finalizaron coa identificación do vehículo, un Peugeot de cor dourada que presentaba un forte impacto no parabrisas, e que estaba estacionado no barrio de Monte Alto. Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito.