Identificado un condutor que se deu á fuga tras atropelar a un home na Rolda de Outeiro

A Policía Local da Coruña logrou identificar o condutor do vehículo que se deu á fuga tras atropelar a unha persoa na Rolda de Outeiro. Tras o visionado das cámaras da zona comezaron as pescudas que finalizaron coa identificación do vehículo, un Peugeot de cor dourada que presentaba un forte impacto no parabrisas, e que estaba estacionado no barrio de Monte Alto. Os axentes identificaron o condutor e abriron dilixencias xudiciais por se os feitos puidesen ser constitutivos de delito.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha