Identificados dous dos tres falecidos no incendio de Badalona

Badalona gardou este venres un minuto de silencio polos falecidos na nave incendiada. Polo momento son tres os mortos, dos que dous xa foron identificados. Son dous homes de Gambia e O Senegal de 48 e 58 anos.
A cifra de falecidos é provisional. Non se desbota atopar máis cadáveres entre os cascallos da nave agora que comezaron os traballos de desentullo. Os Mossos d’Esquadra, polo momento, non atoparon ningún indicio de que o incendio fose intencionado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha