«IES Seguro», o proxecto co que o instituto de Zas se presenta á Maker Faire Galicia

IES Maximino Romero de Lema_Cedida

O IES Maximino Romero de Lema (Zas) participa no Maker Faire Galicia, un dos maiores eventos a nivel nacional de creadores e inventores.

Santiago de Compostela foi a sede durante estes últimos anos desta feira na que se congregaron máis de 50.000 visitantes; sen embargo, esta 6ª edición será virtual debido á actual pandemia.

O evento arrincou este mércores e rematará o próximo domingo 22 de novembro. Como outra das novidades destaca unha xornada educativa.

Entre os proxectos participantes atópase o «IES Seguro», elaborado polo alumnado de 2º de FP Básica Informática de Oficina e 1º de CM de Sistemas Microinformáticos e Redes do Maximino Romero de Lema. O proxecto estará coordinado pola profesora Marta Diz e o profesor Gonzalo de Castro-Acuña.

Related posts

O Concello de Zas abre o prazo de inscrición da IX Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

Os bombeiros liberan a unha persoa atrapada tras un accidente de tráfico na Laracha

Miles de persoas saíron á rúa este 8M a favor da igualdade real e a paz