O secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias participou na tarde deste sábado nun acto de precampaña en A Coruña de cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 5 de abril.
Ante un auditorio repleto, Iglesias agradeceu a unidade da esquerda rupturista para concurrir ás eleccións nunha única candidatura e dixo estar seguro de que o cambio en Galicia está moi preto.
Iglesias recordou a intención frustrada do goberno galego de rematar co paridoiro de Verín, o peche de 10 hospitais e a baixada dun 10 por cento do número de camas dende que Feijóo é presidente da Xunta.
Participou no acto a ministra de Traballo, Iolanda Díaz, que comezou lembrando ás 13 mulleres asasinadas por mor da violencia machista en 2020. Díaz anunciou que o goberno poñerá en marcha unha nova lei de liberdades sexuais o 8 de marzo.
Tamén fixo referencia á derogación da reforma laboral do Partido Popular e criticou o papel de Feijóo como presidente da Xunta dende que os populares non gobernan no Estado.
O último en tomar a palabra foi o candidato da coalición Galicia en Común á presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, que comezou agradecendo á militancia a súa participación nas últimas semanas.
Gómez-Reino amosouse satisfeito polo acordo da candidatura galega da formación co resto de forzas asinantes e criticou o legado dos dez anos de goberno de Núñez Feijóo. Tamén afirmou que a campaña electoral debe ser limpa entre forzas progresistas sen confundir ao inimigo.