- Rivera e Casado reiteran o seu non a Sánchez e desde Vox acúsano de querer gobernar con «extremistas»
Casado, rotundo no seu non a Sánchez
Pablo Casado é rotundo non seu non a Pedro Sánchez. Dille que non é de fiar porque oculta información sobre os pactos e as negociacións para formar goberno. Casado tamén aludiu ó impacto negativo a nivel económico que, dixo, tería o goberno formado por Sánchez. Pedro Sánchez pediulle reiteradamente a abstención a Casado.
Rivera mantén o non a Pedro Sánchez
Na súa intervención, o presidente de Ciudadanos acusou a Pedro Sánchez de querer perpetuarse no poder e de querer pactar con nacionalistas e independentistas, aos que Rivera chamou banda. O líder da formación laranxa mantén que votará non á investidura. O candidato á presidencia do Goberno pediu a abstención de Ciudadanos e díxolle a Rivera que escoite as enquisas que din que a maioría dos votantes de Ciudadanos queren que o seu partido facilite a investidura.
Iglesias asegura que Podemos non se vai deixar humillar
Pablo Iglesias asegura que Podemos non se vai deixar humillar e que non aceptarán ser un decorado no Goberno. Pedro Sánchez di que mantén a man tendida para un executivo de coalición pero advírtelle que entre estar no goberno e bloquear a investidura hai outros puntos de acordo posibles.
Vox: «Sánchez vai gobernar cos extremistas»
O último candidato en intervir esta tarde foi Santiago Abascal, o presidente de Vox, que acusa Pedro Sánchez de querer gobernar cos extremistas.