Ignacio Picatoste, novo presidente da Audiencia Provincial da Coruña

Imagen de archivo de la Audiencia Provincial de A Coruña

  • No seu discurso fixo fincapé na necesidade de loitar contra a violencia machista

O maxistrado Ignacio Picatoste tomou posesión este venres como o novo presidente da Audiencia Provincial da Coruña, e fíxoo na sede do Tribunal Superior de Xustiza, que estivo presidida polo seu novo presidente, José María Díaz-Castroverde.

No seu discurso destacou a necesidade de loitar contra a violencia machista coa plena implicación da xudicatura, e aludiu no seu discurso ás tres mulleres asasinadas en Valga. Resaltou que os xuíces non poden permanecer á marxe deste fenómeno «criminal e social», polo que hai que traballar en conxunto para resolver os problemas que realmente preocupan á sociedade.

O novo presidente da Audiencia tamén subliñou a necesidade de que os cidadáns confíen na xustiza, tendo en conta os resultados desfavorables de varias enquisas sobre a mesma, e ten claro que para que iso suceda teñen que traballar máis na transparencia e na comunicación. Ademais, lembrou que a finalidade do Poder Xudicial é «garantir a paz social» e para iso debe transmitir «sensación de estabilidade».

Picatoste substitúe na Audiencia coruñesa a José Luís Spiegelberg, quen ocupou a presidencia desde 2006, cando cesou tras ser nomeado membro da Sala Primeira do Tribunal Supremo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha