O conxunto canario avisou que quería irse a polo partido e marcou primeiro no Vila de Noia no primeiro minuto do encontro correspondente á xornada 8 en 1ª Estatal. Unha diferenza que o Calvo Xiria non sería capaz de remontar ata o minuto 24 (8-7), renda dun gol, nun partido ata ese momento moi igualado, que lle levaría ao descanso (11-10). Con igualdade tamén nos primeiros pases do segundo tempo, aínda así o calvo Xiria conseguiría unha renda máxima de tres tantos no minuto 15, (19-16. A partir de aí tras unha exclusión moi discutida e un tiro desde os sete metros o Tejina lograba meterse de novo no encontro e reducir distancias a 1 tanto. Tempo morto de Adrián Dubra a falta de cinco minutos, (22-21), tras a continuación empata o conxunto visitante un toma daca con máxima emoción, ao final repartición de puntos con empate a 23 nun partido con poucos goles.
27