II Grand Trail Costa da Morte e Campionato de España de Autocross Carballo reciben preto de 60 mil euros en axudas

1 minutes read

Estas axudas están incluídas nunha das múltiples liñas de subvencións ao deporte que impulsa cada ano a Deputación da Coruña, saen publicadas no BOP deste xoves e supoñen investimentos por un importe global de 375.559,82 euros, que teñen como obxectivo «apoiar a celebración de grandes eventos deportivos, que reúnen a deportistas de gran nivel e que, ademais de fomentar o deporte, contribúen a proxectar a imaxe da provincia a nivel nacional e internacional «, segundo destacou a deputada responsable da área de Deportes da institución provincial, Cristina Capelán.

Entre as axudas concedidas na convocatoria inclúense o II Grand Trail Costa da Morte con 50.000 euros, e o Campionato de España de Autocross Carballo con 9.726,58 €.