Ileso o condutor dun camión de transporte que envorcou en Ames

Fonte: Protección Civil de Ames

O condutor dun camión de transporte resoltou ileso despois de que o seu vehículo envorcara na localidade coruñesa de Ames, concretamente, á altura do punto quilométrico 1 da DP-0203.

Os feitos ocorreron preto das 11:00 horas da mañá deste mércores e foi necesario outro vehículo das mesmas características para trasvasar parte da carga que transportaba o camión (atún), que caera na cuneta.

Efectivos de Protección Civil da localidade desprazados ao punto nada máis ser alertados polo 112 Galicia, tiveron que interromper ao tráfico o carril dirección Portomouro.

Ata o lugar do incidente tamén se achegaron os servizos sanitarios de urxencia, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os membros do GES de Brión. Tamén, desde o 112 Galicia se solicitou a intervención do persoal do servizo de mantemento e de limpeza da vía, debido ao gasóleo derramado na estrada procedente do mesmo vehículo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha