Illa pídelle a Ayuso que «se deixe axudar»

O Ministro de Sanidade, Salvador Illa, pediu á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que se «deixe axudar e que escoite», tras asegurar que «imos tarde» na rexión, onde hai transmisión comunitaria, incremento de casos e falecidos, polo que insistiu en que hai que actuar con determinación.

Así o dixo Illa na conferencia de prensa posterior á reunión que mantivo este luns co conselleiro madrileño de Sanidade, Enrique Ruiz Escudero, para seguir abordando as medidas de prevención postas en marcha contra a covid-19 na Comunidade de Madrid, tras o enfrontamento entre o executivo central e rexional sobre as restricións para aplicar. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha