Illado no CHUAC o primeiro caso de coronavirus en Galicia

1 minutes read
  • Un segundo caso aparece en Galicia nun home de 45 anos en Vigo. Ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro.

As análises realizadas a un paciente procedente de Madrid e que permanece illado no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) confirman a infección por coronavirus. Trátase do primeiro caso positivo confirmado en Galicia, un home de 49 anos que viaxara á capital de España. No cómputo global xa se alcanzan os 200 casos diagnosticados en todo o Estado. Sanidade fai un chamamento á tranquilidade lembran que ao tratarse dun caso importado, o contaxiado vén de Madrid, o virus non está en circulación por Galicia. Aínda así, di a consellería que os hospitais galegos están preparados para facer fronte ao coronavirus.