Imaxe histórica: primeira foto dun buraco negro

Fonte: Event Horizon Telescope.

O Event Horizon Telescope (EHT), un conxunto de oito radiotelescopios situados en Europa, América e a Antártida no que participa unha colaboración internacional de investigadores, conseguiu captar por primeira vez unha imaxe directa dun buraco negro supermasivo e a súa sombra. O corpo está no centro da galaxia Messier 87 (M87), ten unha masa de 6,5 millóns de veces a do sol, e esta a unha distancia de 55 millóns de anos luz. Ata este mércores, estes obxectos tan densos só se coñecían grazas a outros métodos indirectos.

“Temos a primeira foto dun buraco negro”, anunciou o director do proxecto EHT, Sheperd S. Doeleman, do Centro de Astrofísica de Harvard e o Smithsonian. “Esta é unha fazaña científica extraordinaria realizada por un equipo de máis de 200 investigadores”, engadiu.

Pero, que é un buraco negro? Son astros con campos gravitatorios tan potentes que nada, nin tan só a luz, pode escapar deles. Crecen engulindo os astros que se acercan ata eles, sen poder volver ó universo exterior. Dentro dos buracos negros, a curvatura do espazo-tempo vólvese infinita e prodúcese unha singularidade envolta por unha superficie cerrada, chamada «horizonte de sucesos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha