Implicado nun accidente en Muxía un menor sen carné de conducir

Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada

Axentes da Garda Civil de Tráfico do Posto de Corcubión identificaron a un mozo de 17 anos de idade como condutor dun vehículo que sufrira un sinistro na estrada que une Frixe e Castro de Frixe, no termo municipal de Muxía.

Por fortuna, a colisión frontal con dous turismos implicados terminou sen feridos graves. Nun viaxaba o menor e noutro unha familia con dous nenos. O mozo non tiña ningún tipo de permiso ou licenza de condución, e segundo declarou, decidiu coller o coche ante a usencia dos seus pais que estaban a traballar.

As autoridades lembran que a Lei contempla que “serán os pais, titores ou guardadores (de forma solidaria co fillo) os que responderán polos danos e prexuízos causados por aqueles, articulándose como persoas civilmente responsables”, como consecuencia directa da suxeición á patria potestade ou tutela por ter atribuído o coidado do menor.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha