Importante vitoria a domicilio do Calvo Basket Xiria

O Calvo Basket Xiria fíxose este sábado cunha importante vitoria (76-84) no pavillón da Raña, pista do Mundioma Marín Ence Peixelago, nun igualado e disputado encontro da 12.º xornada na liga EBA. Con este resultado, os carballeses que adestra Héctor Méndez soben tres postos na táboa clasificatoria situándose en a sétima praza con 17 puntos. Por cuartos, o resultado foi o seguinte: 20-18, 41-41, 58-66 e 76-84. Pau G. Sendra foi o Xogador Calvo do partido con 23 puntos anotados. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha