Importante vitoria do Bergantiños fronte ao Polvorín

1 minutes read
  • Un solitario gol do xogador carballés Charly no minuto 49 de partido deu a vitoria ao Bergantiños.

O Bergantiños gañoulle ao Polvorín 0-1 o partido celebrado este sábado no Municipal da Cheda. O Polvorín chegou ao encontro cos ánimos reforzados despois de lograr gañarlle ao líder da categoría, o Somozas, por 1-4. Pola súa banda, o Bergantiños FC viña de gañar fóra da casa 0-2 o seu último encontro fronte ao Racing C. Villalbés. O deste sábado foi un encontro entre dous rivais directos pola pelexa polo ascenso, no que nesta ocasión, nun partido moi disputado, o equipo que dirixe José Luis Lemos levou os tres puntos. Con esta vitoria a domicilio, o equipo carballés ocupa o segundo posto da clasificación con 31 puntos, en praza de playoff de ascenso a Segunda B, mentres pensa xa na dobre contenda que, se non hai contratempos, levaríalle a facer dobrete de partidos aprazados a próxima semana. O seguinte encontro ordinario será na casa do Deportivo Fabril.