O Calvo Basket Xiria fíxose forte este sábado en casa onde recibiu a visita do pechacancelas, o Real Grupo Cultura Covadonga. Un Covadonga que non llo puxo fácil aos de Héctor Méndez, aguantándolle o resultado ata o final. Os carballeses iniciaron o partido ben en ataque, pero frouxos en defensa a partir do segundo cuarto. A repartición de puntos por cuartos quedou da seguinte forma, 30-22, 18-14, 16-17 e 24-21, (88-74). Pau Isern volveu a ser o xogador Calvo da xornada, a 23, con 16 puntos, 8 rebotes e 5 asistencias. Desde o club confiábase en gañar este partido, para así darlle á afección unha nova vitoria que os leva camiño da permanencia, cun persoal ao que non lle falta ilusión, ganas e calidade. Espectadores de luxo foron no partido os membros de Íntegro e da Asociación Española Contra o Cancro.
0