51
O Calvo Basket Xiria tiña unha cita importante polo mantemento da categoría, este domingo en Lugo, ante o Club Estudiantes Lugo Leyma Natura. O certo é que a liquidou positivamente con nota. O equipo carballés foi superior ao conxunto local de principio a fin do partido. Con parciais 13-16, 18-23, 31-30 e 11-14, o Calvo Basket Xiria levou a vitoria por 10 puntos de vantaxe, 73-83. Bruno Pallotti foi o xogador Calvo da xornada.