Importante vitoria do Calvo Xiria en Ribadavia (26-27)


  • Un choque igualado dende o comezo onde o Calvo Xiria, atopouse mellor nos últimos 10 minutos de cada parte, o que lle permitiu facerse cos dous puntos.

O Calvo Xiria enfrontouse este sábado ao Carnes do Ribeiro Provincia Termal en terras de Ourense en partido correspondente a undécima xornada do Grupo A da Primeira Estatal. O equipo local saíu moi enchufado ao partido tras unhas semanas sen xogar, debido a protocolos do coronavirus. O encontro anunciábase moi igualado e así foi. Abría o marcador o Carnes do Ribeiro aos poucos segundos de comezar a contenda, pero o Calvo Xiria non se lle despegaba e non lle deixou abrir brecha no marcador, que dominou os primeiros 15 minutos. Daquela o Xiria deulle a volta ao luminoso, chegando a conseguir unha superioridade máxima de tres, e dous ao descanso, 13-15. No comezo da segunda parte o conxunto local volveu darlle a volta ao partido nos primeiros catro minutos, pero o Xiria non se dobregou e empatou de novo 20-20 dez minutos máis tarde. Na recta final o Xiria gañaba por dous goles, estaba o encontro aberto e podía decantarse para calquera dos dous. Unhas férreas defensas e destacadas intervencións dos porteiros evitaron que xa se movese o marcador nos últimos dous minutos, ao final nova vitoria para o Calvo Xiria, novamente pola mínima, 26-27.