Importante vitoria do Calvo Xiria para comezar a soñar coa permanencia


O Calvo Xiria foi quen de impoñerse este sábado ao Lirón Teucro, por un axustado resultado, no descanso xa gañaba de catro, 18-14. Nunha segunda metade algo máis nivelada os de Adrián Dubra, co veterano Chimpo en racha con once tantos, pecharon o encontro cun axustado 35-34. Os carballeses recuperaron a Brais Puñal, pero aínda moi minguados polas baixas, suman así dous puntos moi necesarios para seguir na loita pola permanencia, logo de varios partidos de incertidume.