Importantes danos materiais e unha persoa ferida nun accidente de tráfico en Carballo

1 minutes read

Pasaban uns minutos das dez e media da mañán deste venres cando o 112 Emerxencias Galicia recibía unha alerta dun particular por un accidente de tráfico con feridos en Carballo. O sinistro producíase na confluencia das rúas Compostela, Emilio Gónzález López e José María Castroviejo, un ‘punto quente’ nas incidencias de tráfico no barrio da Milagrosa carballés pola numerosa cantidade de sinistros que ahí se producen. Unha muller, ocupante dun dos turismos, tivo que ser evacuada en ambulancia para a súa valoración médica. A Policía Local instruíu dilixencias e Protección Civil restablecía a limpeza dos restos do accidente unha vez retirados os turismos da vía.

Sen solución á vista nun punto conflitivo

A densidade de tráfico que acumula habitualmente a estrada provincial DP-1914 combinan co embotellamento da rúa Emilio González López, (que clama polo uso dun solar paralelo a esta rúa) e a pouca visibilidade nunha intersección a catro xiros con gran afluencia de vehículos pesados que pide a berros unha reordenación vial. Mentras a circunvalación non chegue, e a reordenación tampouco, os residentes afirman que podería aminorarse a velocidade limitando antes a velocidade a 30 Km/hora sentido entrada pola rúa Compostela (a sinal de 30 está case no propio cruce), ou ben unhas bandas rugosas con pasos de peóns elevados, que obrigarían a aminorar a velocidade e a prestar máis atención dos condutores á vía.