A vivenda incendiada, unha casa unifamiliar, de planta baixa, está ubicada no lugar de Pename, en Santa María de Neda. Foi un veciño da zona o que chamaba o 112 Emerxencias de Galicia pouco antes da nove da mañá deste domingo para avisar de que estaba ardendo esta casa. Aínda que non houbo que lamentar danos persoais, o lume provocou importantes estragos materiais. A estrutura da casa non resultou afectada, quedaron calcinados uns 20 metros cadrados, a entrada da casa e tamén un anexo á construción. Arderon portas, o falso teito así como unha lavadora entre outros útiles. Investíganse as causas do incendio, que podería estar relacionado cun fallo eléctrico. Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Mugardos, axentes da Garda Civil e os Bombeiros do Eume.