Importantes retencións por un accidente leve en Bértoa

0 minutes read

Unha colisión por alcance provocou este luns un atasco de tráfico considerable na entrada a Carballo pola avenida de Bértoa ao tratarse dunha hora punta de saída do traballo. O sinistro tivo lugar pasados uns minutos das sete da tarde no punto próximo ao semáforo peonil da intersección da estrada xeral AC-552 coa rúa Abetos. En principio non houbo que lamentar danos de carácter persoal, tan só danos materiais en ambos os vehículos.