Importantes vitorias para o Bergantiños e Paiosaco na xornada 8 de 3ª RFEF

  • A UD Paiosaco goleou a domicilio á SD Sarriana por 1-3 e mantense no sexto posto da xeral con 13 puntos.

Este domingo xogouse nas Eiroas un derbi para necesitados, o partido correspondente á xornada 8 da 3ª RFEF entre o Bergantiños FC e o Silva SD. O equipo coruñés chegaba a Carballo sendo o único da categoría ao que non lle marcaron sendo visitante e ademais que tan só lle fixeron un gol no que vai de liga, pero esta xornada a cousa xa cambiou. O Bergantiños presentábase necesitado de dar un golpe sobre a mesa tras os últimos empates sen goles en casa contra o Rápido de Bouzas e o Polvorín. Álex Ramos foi o encarbado de abrir a lata e por tanto o autor do 1-0, foi de penalti, tras un agarrón claro de Antonio a Musy dentro da área. Precisamente Musy sería o encargado de pechar a contenda goleadora para o Bergan no minuto 50, tras un rebote no traveseiro logo dun potente disparo de Manu. Con este resultado o Bergantiños sitúase provisionalmente na terceira praza con 15 puntos, a dous do líder que é o Ourense con 17, e o Silva é quinto cun punto menos, 14.

Noutra orde de cousas, cabe destacar a importante vitoria conseguida pola UD Paiosaco na súa saída ás terras luguesas de Sarria, onde conseguiu desfacerse do seu rival, a SD Sarriana, por un meritorio 1-3, un infortunio en propia porta e dous golazos de Dani Carnota, que deixa ao conxunto larachés situado cos de arriba, no sexto posto da clasificación xeral con 13 puntos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha