Imposible para o Sofán, cae ante o Fabril (0-3)

1 minutes read

O Sofán é case máis de Preferente que de Terceira, queda a dez puntos da salvación a falta de catro xornadas. A SD opuxo unha férrea resistencia ao seu rival durante case toda a primeira parte, pero o conxunto carballés volveu a perder no seu feudo, nesta ocasión, este mércores por goleada en partido atrasado correspondente á xornada 25, ante o Fabril 0-3. Mario Domínguez foi o autor do primeiro gol do partido en O Carral, no minuto 46. O seguinte gol sería obra de Víctor Guerra no minuto 73. Xa no 80 marcou o definitivo 0-3 Simao, que entrou en substitución do propio Gerra no minuto 76. Os fabrilistas encadean así a súa terceira vitoria consecutiva tras vencer ao CD Choco (0-3) e ao CSD Arzúa (2-0); e sitúanse, con 43 puntos, a 5 puntos dos postos de playoff de ascenso con 4 xornadas aínda por diante.