Impresións de Iago Toba, alcalde de Muxía, sobre o retablo do santuario da Virxe da Barca

Retablo da Igrexa da Virxe da Barca de Muxía_ Foto.- Cedida.

A restauración do retablo da Virxe da Barca de Muxía segue dando que falar, provocando controversia e divisións de opinións, tal e como indaca o alcalde de Muxía Iago Toba nun comunicado envíado aos medios este domingo. 

«É sorprendente como, despois de oito anos sen naide acordarse del, e cando alguén se interesa en arrancar de forma seria un proxecto viable, salen en tromba, un grupo de defensores da opinión de certos expertos, aos que lle teño máximo respeto, e dos cales considero que teñen a mesma lexitimidade para opinar que o resto de veciños e veciñas.

Sorpréndendenme, como defensores da democracia, defensores do diálogo, defensores de escoitar ao pobo, non fagan o mesmo con este tema. Da a sensación de que a veciñanza de Muxía, non é maior de idade, e que teñen que estar tutelados por expertos cando do que se trata é de falar do retablo». 

E eu pregúntome, ¿por qué?

¿Acaso os veciños e veciñas de Muxía non teñen dereito a opinar sobre o tema?

¿É mais ou menos válida a opinión dun experto, sexa quen sexa, que a opinión da veciña que vai día a día a coidar do Santuario?

¿Tense medo a preguntar a veciñanza qué opina sobre o tema e chegar a dicir que estas cuestións non son para resolver «democraticamente»?

¿E aceptable que se chame pouco menos que inculto artistico a aquel que non acepta as teorias de expertos?

¿É garantía de éxito a toma de decisións dun grupo de expertos, sen tomar en conta a opinión do pobo?

¿Porqué a polemica agora e non durante todos estos anos de abandono total?

¿É incompatible traballar na vía da construción dunha replica, totalmente viable economicamente (sempre sen utilizar cartos do concello) e tecnicamente con que o grupo de expertos traballen na busqueda de financiación para esa gran obra orixinal que nunca da chegado?

¿Inflúe moito, no resultado final, ou na elección final, o sentimento que se poida ter ao Santuario, á contorna ou a mesma Virxe, ao que alguns non o queren nin nombrar?

¿Que parte ofende a quén? ¿A opinión dos expertos en medios de comunicación falando de quenes están máis autorizados a opinar segundo os estudos que se teña, ou un pobo que só reclama algo que pertence ao seu patrimonio cultural, sentimental e afectivo?

E agora, despois de plantexar esta serie de cuestións, contemplemls a realidade tal e como é, sin simbolismos nin cores:

As expertas encargadas de facer a restauración despois do incendio, que se olvidaron en todo momento da opinión da veciñanza, ¿fixeron un bo traballo?

A comisión de expertos, encargada de volver a facer abalar a nosa «Pedra de Abalar» gastando miles de euros, ¿foron quenes de facelo? ¿Si lles fixeran algo de caso aos veteranos do pobo, que coñecen a pedra porque naceron nela, podería ter outro resultado?

Os defensores agora das obras orixinais, rompedoras, de valor artistico, son os mesmos que loitaron para «destruir con dinamita» o monumento «A Ferida» baixo o argumento de que non era o entorno axeitado? ¿Non queremos algo asi para o exterior e querémolo para o interior?

¿Son analfabetos artisticos e culturais os expertos que decidiron reconstruir os elementos que desapareceron no incendio de Notre Dame?

Vendo a obra feita por un gran artista, que soaba como posible autor dunha hipotética obra orixinal para o retablo, Barceló, tal e como é un altar na Catedral de Mallorca, con un custe de 3,5 MILLONS de €, ¿da seguridade de que sexa o arte máis apropiado, ou de que sexa viable economicamente?

A realidade máis certeira é unha:

O ESTADO NO QUE ESTÁ O SANTUARIO É UNHA VERGOÑA, E POR MOITAS VOCES QUE SAIAN AGORA, ATA O DÍA DE HOXE, NINGUN DOS QUE AGORA FALAN, OPINAN, CRITICAN, NON FIXERON ABSOLUTAMENTE NADA PALPABLE PARA SACAR AO SANTUARIO DESTA SITUACIÓN, E SEGUIMOS COMO ESTABAMOS.

Eu, ainda con críticas, ainda recibindo calificativos como inculto, populista, analfabeto artístico, pouco preparado artisticamente, déspota, dictador, oportunista, etc… seguirei nas miñas:

– Non quedar cos brazos cruzados por medo á polémica. 

– Traballar nunha vía na que creo.

– E sobre todo, e ante todo, escoitar o sentir do pobo, que para alguns e algunhas é tan importante nalgunhas ocasións pero tan pouco respetable para outras.

NON O CONSEGUIREMOS, PERO QUE NON SEXA POR NON INTENTALO!

A traballar, buscar financiación, buscar talleres, e presentar feitos (como a replica da Virxe da Barca), pois para opinar, criticar e quedar cos brazos cruzados dende a barreira sobra xente!

Iago Toba- Alcalde de Muxía

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha