O Concello da Coruña promove o programa de axuda ao emprendemento ‘Impulsa e Despega’, que realizará as súas xornadas presenciais no Centro de Empresas Accede Papagaio os días 20 e 21 de outubro. Esta iniciativa busca a profesionalización e revitalización do tecido empresarial local a partir de modelos de negocio baseados en aspectos económicos, sociais, ambientais e sustentables, baseados na Axenda 2030.
‘Impulsa e Despega’ é unha actividade gratuíta que busca axudar ás pequenas empresas no momento do emprendemento ou cando o proxecto xa está en marcha. O programa consta de tres partes: un evento presencial os días 20 e 21 de outubro no Centro de Empresas Accede Papagaio, unha formación grupal en liña ou presencial de catro sesións que se celebrarán os días 26 de outubro e 2, 9 e 16 de novembro e un acompañamento e seguimento dos proxectos en liña, entre o 20 de outubro e o 25 de novembro.