Impulso na atención aos maiores baixo a marca ‘Coruña Acompaña’


A concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá do Concello da Coruña, Yoya Neira, presentou no Palacio Municipal de María Pita o novo logo ‘Coruña Acompaña‘, que aglutinará a partir de agora todas as actividades para persoas maiores que se promovan desde o Concello. “Coruña Acompaña’ nace do interese do Goberno que preside Inés Rey de atender mellor as necesidades das persoas maiores da cidade” sinalou Neira, quen lembrou que segundo os últimos datos do Instituto Galego de Estatística o 25,03 % da poboación da cidade é maior de 65 anos, o que supón o dato máis alto rexistrado ata a data.