Imputan ao presidente de Repsol e ao de La Caixa pola presunta espionaxe a Sacyr


O xuíz da Audiencia Nacional que instrúe o caso Tándem acordou citar como imputados ao presidente de Repsol, Antonio Brufau, e ao presidente da Fundación Bancaria La Caixa, Isidro Fainé, por un presunto delito de suborno. A imputación enmárcase na peza separada número 21 na que se investiga o suposto encargo por parte de ambas as empresas do Ibex 35 ao comisario xubilado José Manuel Villarejo para que espiase en 2011 ao entón presidente de Sacyr Vallehermoso, Luís del Rivero. Xunto a Brufau e Fainé, o titular do Xulgado Central de Instrución número 6 imputa tamén aos directivos de Repsol Luís Suárez de Lezo, Juan de Amunátegui e Joaquín Uris, e ao ex director xeral de medios de Caixabank, Antonio Massanell.