Imputan por asasinato os policías que presuntamente acabaron coa vida de Diego Bello

A Fiscalía filipina imputou polos supostos delitos de asasinato, falsificación de probas e perxurio aos tres policías que presuntamente participaron na morte do coruñés Diego Bello en xaneiro de 2020 na illa de Siargao. Así o comunicou a Plataforma ‘Xustiza para Diego’, que indica que esta noticia foi comunicada pola xustiza filipina ao consulado español en Filipinas. Así mesmo, apuntaron que o consulado español en Filipinas recomendou á familia que compareza na causa, o que farán nos próximos días. Os familiares e amigos denunciaron desde o primeiro momento que a operación que acabou coa vida do surfeiro de 32 anos foi «un asasinato a sangue fría».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha