Iñaki Urdangarin e a infanta Cristina deciden «interromper a súa relación matrimonial»


A infanta Cristina e Iñaki Urdangarin confirmaron que decidiron «de común acordo, interromper a súa relación matrimonial» despois de que a pasada semana saísen á luz as fotos do exduque de Palma con outra muller, segundo aseguran ambos nun comunicado no que subliñan que o compromiso cos seus catro fillos «permanece intacto».
Urdangarin foi fotografado xunto a unha muller, unhas imaxes que foron unha das noticias máis comentadas da semana pasada. A información xerou unha gran repercusión mediática e, aos poucos, fomos coñecendo algúns detalles e reaccións.

Pablo, o segundo dos fillos dos exduques de Palma, non pareceu moi sorprendido tras a publicación das fotografías: «É un tema que temos que falalo e xa está», dixo en mozo aos xornalistas.

A parella pon fin a 24 anos de matrimonio. 4 fillos e 14 anos despois, a felicidade da parella truncábase coa implicación de Urdangarin no caso Nóos, que a levaba a ela a declarar e a el ao cárcere.