Carballo | Inauguración da exposición ’50º aniversario IES Alfredo Brañas e Colexio Fogar’

0 minutes read

A exposición, promovida polo IES Alfredo Brañas e patrocinada polo Concello de Carballo, poderá verse durante varias semanas no corredor paralelo á rúa Colón, na Praza do Concello. Con motivo do 50º aniversario do instituto Alfredo Brañas e do colexio Fogar, o historiador Xan Fraga fai un repaso pola historia destes dous centros escolares e pola evolución do sistema educativo na capital de Bergantiños. A inauguración terá lugar este venres ás 19:00 horas na Praza do Concello.