Inauguración da mostra ‘Xolda, onde muda o corpo’ na Casa da Cultura de Vimianzo

Cedida

  • Será este xoves a partir das 18.30 horas

Este xoves, ás 18:30 horas, a Casa da Cultura de Vimianzo acollerá a inauguración da exposición de pintura Xolda, onde muda o corpo, de Cari Camarero (Carica). A mostra está composta por 23 óleos feitos no 2022 xunto a pequenos gravados en linóleo e chine collé. Novas bandeirolas que ademais coinciden co 25ª aniversario do Asalto ao Castelo.

Xolda, onde muda o corpo, poderase visitar ata o 29 de xullo en horario de 8 a 15 horas.