Inauguración de ‘Trece luces na nosa costa’, de Antonio Fernández, no centro cívico de Malpica

Exposición 'Trece luces na nosa costa'_Concello de Malpica

  • A mostra poderá visitarse ata o 10 de decembro en horario de mañá e tarde

A exposición ‘Trece luces na nosa costa’, de Antonio Fernández, foi inaugurada este sábado no centro cívico de Malpica. No acto estivo presente o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; o rexedor de Malpica Eduardo Parga Veiga; os alcaldes de Carballo e A Laracha, Evencio Ferrero e José Manuel López, respectivamente; e o propio artista.

O alcalde agradeceu a xentileza do autor por «ofrecernos esta exposición fotográfica dos faros da nosa costa, empregando unha
técnica singular: o destello». Pola súa parte, Xosé Regueira destacou a capacidade de Antonio Fernández para «mostrarnos realidades que están ocultas». Como broche final, Miguel Anxo Calvo, máis coñecido como O’Mighelo, actuou co seu acordeón.

A mostra fotográfica poderase visitar ata o vindeiro 10 de decembro de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas.