Inaugurada a carpa solidaria de Cáritas en Carballo

1 minutes read

Este domingo quedou inaugurada e bendecida polo párroco de Carballo, José García Gondar, a carpa que Cáritas de Carballo instalou no adro da igrexa de San Xoán Bautista. A carpa permanecerá aberta ata o 15 de decembro en horario de 10.30 a 12.30 e de 17.00 a 19.00 horas. Alí recolleranse alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene que se destinarán aos máis necesitados. Tamén se poderá comprar lotería de Cáritas, así como os produtos da horta solidaria de Sísamo. Terá presenza a habitual tenda de roupa doada e un rastrillo de libros. A campaña deste ano desenvolverase baixo o lema “Se tes moito, dá moito; se tes pouco, dá pouco; pero, dá sempre”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?