Inaugurada a carpa solidaria de Cáritas en Carballo

Este domingo quedou inaugurada e bendecida polo párroco de Carballo, José García Gondar, a carpa que Cáritas de Carballo instalou no adro da igrexa de San Xoán Bautista. A carpa permanecerá aberta ata o 15 de decembro en horario de 10.30 a 12.30 e de 17.00 a 19.00 horas. Alí recolleranse alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene que se destinarán aos máis necesitados. Tamén se poderá comprar lotería de Cáritas, así como os produtos da horta solidaria de Sísamo. Terá presenza a habitual tenda de roupa doada e un rastrillo de libros. A campaña deste ano desenvolverase baixo o lema «Se tes moito, dá moito; se tes pouco, dá pouco; pero, dá sempre”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha