Inaugurada a exposición artística “Carrexadoras” no centro cívico de Malpica

1 minutes read

Na inauguración estivo presente a concelleira de cultura Noelia Freijeiro, que agradeceu á artista muxiá, Viki Rivadulla, a súa dispoñibilidade e o cariño co que acolleu o convite do concello de Malpica para traer una mostra do seu traballo os espazos expositivos do Centro Cívico.
Tamén asistiu ó evento Miguel Mato, o que lle encanta o traballo de ViKi. «A min gústame moito temáticamente, no fondo, no concepto. Os críticos literarios que din cal é o estilo dun autor ou autora, a resposta é: a autora é o estilo. E podo aplicar isto a Viky ,e dicir, que Viky é a súa obra e a súa obra é Viky».
As Carrexadoras é unha exposición, cunha temática, que acompaña á autora sempre. É algo icónico na súa pintura. «As carrexadoras levaban o mundo de un lado para o outro e facían medrar esa tribu do mar. Nesta serie quixen pintar o que é o corpo enteiro e a min interésame moitísimo a forza do que é a anatomía. Eses corpos que son como piares que están aguantando do mundo», manifestou a artista.
Ademais de Carrexadoras, no Centro Cívico de Malpica, pódense ver as ilustracións do libro E Caín, realizadas por Viky Ribadulla.