Inaugurada a exposición ás palilleiras de Camariñas na praza da Insuela

1 minutes read
  • A mostra, con imaxes da fotógrafa Ana García, poderá visitarse ata o mes de outubro

Este mércores, a praza da Insuela da vila de Camariñas acolleu o acto inaugural da exposición ‘Palilleiras. Presente e futuro’, un conxunto de imaxes da fotógrafa Ana García que buscan render unha homenaxe ao traballo destas mulleres que, ano tras ano, loitan por manter viva esta tradición feita profesión. “Poucas homenaxes son tan merecidas como esta xa que elas son o maior símbolo de Camariñas», destacou a rexedora, Sandra Ínsua. As fotografías dos 22 tótems permanecerán instaladas na praza ata o mes de outubro.

Ademais, este mércores, de poder celebrarse a Mostra do Encaixe tradicional, tería lugar a inauguración oficial do evento co corte da cinta por parte da rexedora. No acto tamén estiveron presentes o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia; e a fotógrafa Ana García.