A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, asistiu en Santiago de Compostela á inauguración da nova sede da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (Aspanaes), entidade coa que a Deputación da Coruña mantén unha colaboración constante nos últimos anos.
Aspanaes está en disposición de prestar axuda a un total de 50 usuarios e usuarias con TEA e ás súas familias a través de servizos de avaliación e seguimento, así como de actividades de lecer, logopedia, estimulación cognitiva e atención psicolóxica. A prestación da apoio a persoas de 0 a 59 anos nas comarcas de Ordes (Ordes e Trazo), Santiago (Ames, Santiago e Teo), Sar (Padrón) e Arzúa (Arzúa, O Pino, Touro).
Aspanaes leva a cabo desde a súa creación, no ano 1979, un importante labor para impulsar as fortalezas das persoas con TEA, o fomento e participación activa das familias ou a sensibilización deste trastorno. Segundo sinalan deste a propia entidade, na actualidade, cada 100 nacementos hai aproximadamente un caso de TEA.