O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou na inauguración da Praza de Emilia Pardo Bazán, no centro comercial Marineda City, acompañado pola directora do mesmo, Ana López e pola directora da Casa Museo Emilio Pardo Bazán, Xulia Santiso.
Rodeiro destacou que “Emilia Pardo Bazán foi unha precursora na loita polos dereitos das mulleres e o feminismo, incorporando en todas as súas obras ideas sobre a modernización da sociedade e o acceso das mulleres aos mesmos dereitos e oportunidades que tiñan os homes na súa época.
Neste senso apuntou, que “seguindo o seu exemplo, unha das principais liñas de traballo da Xunta de Galicia é aquela que promove que as xeracións actuais teñan referentes femininos como Pardo Bazán, que ofrezan usos e valores onde teña cabida a igualdade entre mulleres e homes, porque ese é o camiño para o desenvolvemento dunha sociedade máis integradora, equitativa e democrática.”
Por este motivo, a Xunta aprobou en marzo deste ano
creación das Medallas “Emilia Pardo Bazán”, que premian as accións
desenvolvidas na nosa comunidade, que teñan destacado na defensa da
igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.
As
medallas levan o nome de Emilia Pardo Bazán por tratarse dunha
precursora nas ideas acerca dos dereitos das mulleres e o feminismo.
“Reivindicou a educación das mulleres como algo fundamental en todas as
súas obras».