Cerceda inaugurou este luns a exposición Moncho Valcarce, unha vida de compromiso, organizada pola Irmandade Moncho Valcarce en colaboración co Concello de Cerceda.
Na Biblioteca Municipal da localidade, estiveron presentes o alcalde, Juan Manuel Rodríguez, a concelleira de Cultura, Cristina Capelán, e o concelleiro de Festas e Medio Rural, Ángel Gestal.
Quedará instalada na sala municipal de exposicións “Xosé Neira Vilas” ata o 23 de outubro e conta cun largo percorrido ao longo dos últimos anos en toda Galicia, recollendo a traxectoria do crego e político galego a través de 22 paneis compostos por fotografías e texto.
O horario de visitas será de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas e os sábados de 10:00 a 13:00 horas. O acceso é totalmente de balde.