Este mércores tivo lugar a inauguración da 22 edición do Salón internacional de turismo gastronómico Xantar que se celebrará en Ourense ata o día 7 de novembro para facer promoción dos produtos de calidade do agro e do mar galegos. Ao acto asistiu o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, quen sinalou que este evento será un pulo máis na consolidación do turismo en Galicia de cara ao 2022, logo de pechar un verán no que a comunidade autónoma foi líder na recuperación turística e despois dunha Ponte de Todos os Santos na que os establecementos hoteleiros rozaron o cen por cen de ocupación.